CREACIÓN DE ASOCIACIÓN DE VECIÑOS

1.- Intención

Con esta enquisa trataremos de ver a intención que os visitantes a este foro, sobre todo os da Ponte, teñen de facerse notar ante as autoridades e institucións, e para eso veremos si hai xente suficiente que está interesada en formar parte de unha asociación de veciños.
É necesario respostar a tódalas preguntas para que a enquisa teña valor.

*1. ¿Cal é o seu grao de satisfación con respecto ó governo municipal en actuacións referentes ós veciños e á aldea da Ponte?

*2. ¿Pensa que coa creación de unha asociación de veciños nos poderíamos facer notar máis ante as institucións e recibiríamos algo máis de atención?

*3. Si se fixera unha asociación de veciños, ¿formaría parte dela?

*4. No caso de que formase parte de dita asociación, ¿vería ben a imposición de cota económica para os socios?

*5. Si se creara a asociación, ¿cal cree que debería ser o "domicilio fiscal ou social" de dita asociación?

*6. Unha vez creada a asociación, ¿vería con bos ollos o feito de solicitar no concello a tarefa da administración plena do centro social?

*7. ¿Que opinión lle merece o actual uso do edificio do centro social?

*8. ¿Que nome cree que debería ter a asociación, no caso de que se decidise crear?
Hai que ter en conta que na Ponte hai dúas asociacións culturais e os nomes que teñen non se poderían repetir. Ditos nomes son:
-Campo da Insua
-A taberna do meu compadre

*9. SEXO

*10. IDADE:

*11. POBOACIÓN:

*12. Deixe o seu email para recibir os resultados da enquisa:

Gracias por participar.
Agardemos que os resultados sexan favorables á creación da asociación e poidamos proceder a fundala.

 
Encuestafacil.com no es responsable de ningún contenido enviado y/o incluido en esta encuesta/examen.

Crea gratis tus encuestas/exámenes online encuestafacil.com

Powered by encuestafacil.com